miga

< lat mica
Plural: migas
  1. s f Parte interior e branda do pan, rodeada pola codia.
  2. s f Anaco moi pequeno de pan ou de calquera outro alimento feito con fariña, que se desprende ao partilo.
  3. s f Porción moi pequena dunha cousa concreta ou abstracta.
  4. s f pl Sobras inútiles dalgunha cousa.

Confrontacións

Citas

  • Bótame só unha miga, que non teño fame
  • Non comas aquí as galletas que deixas o sofá cheo de migas
  • O que máis me gusta do pan é a miga

Frases feitas

  • Esperar/agardar unha miga. Esperar un pouco de tempo.