microcosmos

< micro- + cosmos
Plural: microcosmoses
  1. s m Mundo pequeno.
  2. s m FILOS Reflexo e compendio do universo en correspondencia co macrocosmos.
  3. s m pl MICROB
    1. Comunidade que se atopa illada ou nun medio extremo, constituída por poucas especies e de baixa especialización.
    2. Dispositivo experimental, xeralmente pequeno, que permite seguir a evolución dunha comunidade de organismos cos cambios que os investigadores queren estudar.