micénico -ca

< topónimo Micenas
Plural: micénicos Masculino: micénico Masculino plural: micénicos Feminino: micénica Feminino plural: micénicas
    1. adx Relativo ou pertencente a Micenas ou aos seus habitantes.
    2. s Natural ou habitante de Micenas.
  1. ETN/HIST
    1. adx Relativo ou pertencente aos  micénicos
    2. s Membro do pobo micénico.
    3. s m pl Pobo de orixe indoeuropea que establecía as súas cidades en lugares elevados e fortificados con murallas. Despois de 1100 a C, un período de loitas e invasións puxeron fin á existencia da civilización.
  2. s m LING Lingua de escritura silábica empregada en Grecia entre os ss XV e XII a C.