método

< lat methōdu gr μέθοδος
Plural: métodos
  1. s m
    1. Forma de proceder para acadar un fin, razoando e seguindo unha orde.
    2. Conxunto ordenado de exercicios ou regras para ensinar ou aprender algo.
    3. Maneira particular de facer algo.
  2. s m FILOS Forma concreta de proceder ou aplicar o pensamento, para coñecer a realidade, comprender o sentido ou o valor duns feitos, interpretar os datos da experiencia ou resolver un problema.
  3. método científico Conxunto de operacións que, na investigación científica, intentan acadar o maior grao de obxectividade, facendo máis díficil a interpretación errónea dos feitos.
  4. método de Fischer QUÍM Procedemento químico de análise de trazas de auga que se basea no feito de que o óxido de xofre (IV) non reduce o iodo nunha solución de metanol e piridina, segundo unha reacción estequiométrica, senón é en presenza de auga.
  5. método de Montecarlo MAT Método estatístico, polo que, mediante unha mostraxe artificial, se chega a estimar a probabilidade de que un proceso real teña lugar.
  6. método de Ogino-Knaus MED Método de control de natalidade, que consiste en evitar as relacións sexuais durante os períodos fértiles da muller.
  7. método de racionalización de Gauss MAT Algarismo que se emprega no estudo dos espazos vectoriais que, dados uns vectores arbitrarios, permite deducir efectivamente os que son linealmente independentes e que, por tanto, tamén son base do subespazo que xeran.
  8. método do radiocarbono FÍS/ARQUEOL Procedemento de datación do carbono 14.
  9. método dos multiplicadores Lagrange MAT Método para localizar os máximos ou mínimos dunha función u = F (x 1 , x 2 ,... x n ) de n variables, que están sometidas a k condicións suplementarias.

Sinónimos

Citas

  • Está seguindo un método para aprender portugués en quince días
  • Pensa o método que vas seguir antes de comezar a investigación
  • Ten o seu propio método para facer apostas