Forma de proceder para acadar un fin, razoando e seguindo unha orde.
Conxunto ordenado de exercicios ou regras para ensinar ou aprender algo.
Maneira particular de facer algo.
smFILOSForma concreta de proceder ou aplicar o pensamento, para coñecer a realidade, comprender o sentido ou o valor duns feitos, interpretar os datos da experiencia ou resolver un problema.
método científicoConxunto de operacións que, na investigación científica, intentan acadar o maior grao de obxectividade, facendo máis díficil a interpretación errónea dos feitos.
método de FischerQUÍMProcedemento químico de análise de trazas de auga que se basea no feito de que o óxido de xofre (IV) non reduce o iodo nunha solución de metanol e piridina, segundo unha reacción estequiométrica, senón é en presenza de auga.
método de MontecarloMATMétodo estatístico, polo que, mediante unha mostraxe artificial, se chega a estimar a probabilidade de que un proceso real teña lugar.
método de Ogino-KnausMEDMétodo de control de natalidade, que consiste en evitar as relacións sexuais durante os períodos fértiles da muller.
método de racionalización de GaussMATAlgarismo que se emprega no estudo dos espazos vectoriais que, dados uns vectores arbitrarios, permite deducir efectivamente os que son linealmente independentes e que, por tanto, tamén son base do subespazo que xeran.
método do radiocarbonoFÍS/ARQUEOLProcedemento de datación do carbono 14.
método dos multiplicadores LagrangeMATMétodo para localizar os máximos ou mínimos dunha función u = F (x 1 , x 2 ,... x n ) de n variables, que están sometidas a k condicións suplementarias.