metamorfose

< lat metamorphōsis gr μεταμόρφωσις ‘transformación’
Plural: metamorfoses
  1. s f Cambio dun ser cando perde a súa forma natural e colle outra.
  2. s f Aquilo en que se converte unha cousa como consecuencia desa transformación.
  3. s f ZOOL Conxunto de cambios morfolóxicos e fisiolóxicos que experimentan determinados animais entre o estado larval e o estado adulto.
  4. s f Transformación física ou moral de alguén ou algo.

Sinónimos

Citas

  • As metamorfoses dos personaxes mitolóxicos foron descritas por moitos artistas
  • Converteuse nunha metamorfose do que era
  • O rapaz experimentou unha metamorfose durante o servizo militar