metabolismo

< gr μεταβολ ή ‘mudanza’ + -ismo
Plural: metabolismos
  1. s m BIOQ/FISIOL Conxunto de reaccións bioquímicas que teñen lugar nos seres vivos e que agrupan as funcións vitais de nutrición, respiración e síntese a partir da enerxía das moléculas fundamentais.
  2. metabolismo basal FISIOL/MED Consumo mínimo de enerxía para manter as actividades metabólicas, que se mide nun individuo que se atopa en repouso físico e psíquico, a unha temperatura de 20°C e en xaxún.
  3. metabolismo enerxético FISIOL Transformación no organismo da enerxía química dos alimentos en calor, cando o organismo está en repouso e, en traballo e calor, cando o organismo realiza unha actividade muscular.