mester

< lat ministerĭu
Plural: mesteres
  1. s m Traballo manual ao que se dedica profesionalmente unha persoa.
  2. s m Actividade de alguén.
  3. s m Necesidade ou falta de algo.
  4. mester de clerecía LIT Escola poética castelá (ss XII-XIV). Os representantes máis destacados desta escola foron Gonzalo de Berceo e López de Ayala. Destacan as obras Libro de Apolonio e Libro de Buen Amor.
  5. mester de juglaría LIT Escola poética castelá de tradición oral. Tivo o seu máximo explendor nos ss XII e XIII e no século posterior aínda se poden localizar algunhas composicións. Os seus temas principais son feitos nacionais que os xograres convertían en mito.

Frases feitas

  • Ser mester. Ser algo necesario ou preciso.