mero

Plural: meros
  1. s m ANIMAL/ICT Peixe da famila dos serránidos.
  2. mero cristado ANIMAL/ICT Peixe, da familia dos serránidos, que presenta corpo robusto e voluminoso, ollos e boca grandes, con dentes cónicos na parte anterior e pequenos no resto da boca. Son de cor castaña, menos no ventre, que é amarelo.
  3. mero de altura ANIMAL/ICT Peixe, da familia dos serránidos, de fociño ancho, coa mandíbula inferior moi prominente. Ten unha aleta dorsal longa e as escamas pequenas.

Sinónimos

Refráns

  • Do mar, o mero; e da terra, o carneiro.