smANIMAL/ORNITAve, da familia dos muscicápidos, que presenta plumaxe negra o macho e marrón a femia, e o pico dun amarelo vivo. OBS: Tamén se denomina merlo común.
merlo azulANIMAL/ORNITAve, da familia dos muscicápidos, o macho ten a plumaxe dun azul cincento e a femia de cor marrón, coas partes inferiores a raias. Habita en rochedos e cantís.
merlo rieiroANIMAL/ORNITAve, da familia dos cínclidos, que ten o peito e a gorxa brancos, as partes superiores mouras e as inferiores dunha cor castaña escura. Habita cerca de augas limpas.
merlo rubioANIMAL/ORNITAve, da familia dos muscicápidos, na que os machos teñen, no verán, a cabeza, o pescozo e o lombo azuis e o resto dunha cor avermellada, coas ás escuras.