mensaxe

< occit messatge
Plural: mensaxes
  1. s f Comunicación oral ou escrita transmitida a un destinatario para informalo de algo.
  2. s f Significado dunha obra artística ou literaria.
  3. s f Conxunto de caracteres empregado para conter e transmitir datos.

Citas

  • A mensaxe dos seus filmes sempre ten connotacións antirracistas
  • A mensaxe real de Nadal emítese ás nove da noite
  • Mandoulle unha mensaxe ao xefe por correo electrónico