meninxite

< meninxe + -ite
Plural: meninxites
  1. s f PAT Inflamación das meninxes.
  2. meninxite aséptica PAT Meninxite que se caracteriza por presentar un líquido cefalorraquídeo claro, con aumento de proteínas, glicosa normal e cultivo de bacterias negativo, e que case sempre é de etioloxía vírica.
  3. meninxite carcinomatosa PAT Meninxite provocada pola invasión das meninxes por células tumorais malignas que proveñen de calquera outra estrutura do organismo.
  4. meninxite purulenta PAT Meninxite que evoluciona con líquido cefalorraquídeo purulento, producida polos xermes meningococos, pneumococos e Hemophilus influenzae.
  5. meninxite tuberculosa PAT Meninxite producida polo bacilo de Koch.