anfiteatro

< lat amphitheātru gr ἀ μ ϕ ι ϴ έατρον
Plural: anfiteatros
  1. s m
    1. ARQUIT Conxunto de asentos colocados ordinariamente en bancadas semicirculares.
    2. Público que ocupa estes asentos.
  2. s m ARQUIT Edificio romano de planta elíptica, cun espazo central e unha serie de bancadas que o rodeaban separadas por un muro e ás veces por un foso, en que se celebraban diferentes espectáculos públicos.
  3. XEOL
    1. s m Cabeceira dun val ou dun terreo deprimido, de forma máis ou menos circular, rodeada de montañas.
    2. anfiteatro de moreas Acumulación en forma de arco circular das moreas terminais dun glaciar, ao redor do extremo final da lingua glacial.
  4. anfiteatro anatómico MED Sala de disección nas escolas de medicina, hospitais e outros edificios.