memoria

< lat memorĭa
Plural: memorias
    1. s f Facultade de lembrar.
    2. memoria comprensiva EDUC Categoría da memoria que se caracteriza pola retención das aprendizaxes que estiveron encaixadas na estrutura cognoscitiva dun individuo.
    3. memoria fotográfica PSIC Facultade que permite traer á mente fragmentos dun texto, epígrafes ou a súa posición nunha páxina.
  1. s f Presenza na mente dunha persoa ou cousa do pasado.
  2. s f Escrito para informar a alguén sobre un asunto de importancia.
  3. FÍS/INFORM
    1. s f Dispositivo ou circuíto que permite a entrada dunha determinada información codificada en sistema binario e que é capaz de rexistrala e de almacenala temporal ou indefinidamente. Caracterízase, de forma xeral, pola súa capacidade (número de bits que pode almacenar) e polo tempo de acceso a unha determinada información.
    2. memoria auxiliar Memoria de capacidade moito máis grande pero de acceso máis lento que o da memoria principal.
    3. memoria central Memoria principal dun ordenador, especialmente cando forma parte da unidade central.
    4. memoria de acceso secuencial Memoria cun tempo de acceso que é, basicamente, unha función lineal da dirección da posición á que se accede.
    5. memoria principal Memoria formada por todas aquelas posicións designables en direccións de instrucións aritméticas e lóxicas.
    6. posición de memoria Unidade básica de memoria que se corresponde de modo biunívoco cunha dirección.
  4. s f ECON
    1. Relación dos actos, traballos ou resultados económicos efectuados por unha sociedade ou corporación, recollidos en documento, que se pon á disposición dos socios ou das persoas interesadas.
    2. Relación dos gastos feitos nun negocio nun período económico.
  5. s f pl
    1. HIST/LIT Obra escrita, cun carácter autobiográfico, onde a vivencia persoal do autor adoita inserirse nos acontecementos históricos dos que el foi testemuña ou dos que participou.
    2. LIT Obra literaria que ten a estrutura do libro de memorias pero na que o protagonista-autor é un personaxe ficticio ou real recreado por el.
  6. memoria de licenciatura EDUC Traballo de investigación que se presenta ao rematar a carreira para obter o título de graduado.

Sinónimos

Confrontacións

Frases feitas

  • De boa/gloriosa/mala/triste memoria loc Expresi
  • De memoria. Realizar algo utilizando a memoria.
  • En memoria de. Expresi
  • Facer memoria. Intentar lembrar algunha cousa