mediterráneo -a

< lat mediterranĕu
Plural: mediterráneos Masculino: mediterráneo Masculino plural: mediterráneos Feminino: mediterránea Feminino plural: mediterráneas
  1. BIOL/XEOG
    1. adx Relativo ou pertencente á rexión mediterránea.
    2. rexión mediterránea Rexión bioxeográfica do reino holártico que comprende os países da conca mediterránea. É de clima seco e invernos suaves, choivas outonais, verán seco e vexetación xerófila.
    1. adx Relativo ou pertencente á raza mediterránea ou aos seus representantes.
    2. s Individuo da raza mediterránea.
    3. raza mediterránea ANTROP/FISIO Raza do grupo leucodermo dolicocéfala, de pel morena e ollos escuros, que ocupa Europa Meridional e o N do Sáhara.
  2. clima mediterráneo METEOR Clima típico da zona mediterránea que se dá nas costas occidentais, entre os 30° e 40° de latitude, e que se caracteriza polos veráns secos e cálidos e os invernos suaves.

Palabras veciñas