sfCiencia que comprende o estudo do home san e do home enfermo e dos medios para previr e curar as enfermidades, así como tamén a técnica para aplicalos.
medicina de familiaEspecialidade da medicina que ten como áreas de acción a prestación de atención médica, a prevención de enfermidades, a promoción da saúde e a educación sanitaria.
medicina do traballoEspecialidade médica que ten por obxecto velar pola saúde dos traballadores.
medicina espacialEspecialidade da medicina que ten por finalidade previr ou tratar os trastornos que se producen no corpo humano no espazo exterior.
medicina intensivaEspecialidade médica que trata as enfermidades graves ou en situación de risco vital, potencialmente reversibles. Sitúa a súa actividade nunha área específica do hospital, denominada unidade de medicina intensiva, ou tamén denominada de vixilancia intensiva (UVI).
medicina legalRama da medicina que trata os problemas biolóxicos e médico-cirúrxicos en relación coas ciencias xurídicas e sociais, nomeadamente co dereito penal.
sfmenciña.
sfCousa que serve para eliminar calquera mal espiritual.