sfQUÍM/FÍSPenetración dunha substancia no seo doutra con formación dunha solución, dun complexo de inclusión ou dunha verdadeira combinación química.
sf
Función propia dos organismos vivos que consiste na penetración ao medio interno de substancias procedentes do medio externo. 2 Incorporación, a través dos pelos absorbentes, de auga con elementos nutritivos minerais disoltos.
sfECONFusión de empresas na que a dominante fai desaparecer a personalidade xurídica independente das outras.
absorción acústicaFÍSPerda de enerxía das ondas sonoras cando atravesan un medio ou se dispersan ao incidir sobre a superficie de separación de dous medios.
absorción das radiaciónsFÍSPerda de intensidade dun feixe de radiacións ou partículas, producida ao atravesar un medio absorbente.
absorción de calorFÍSIntercambio de calor e de traballo entre dous sistemas.
absorción iónicaFÍSPerda de enerxía experimentada polas ondas hertzianas a causa do choque cos ións da atmosfera.
axente de absorciónQUÍM/INDSubstancia absorbente das radiacións ultravioletas que, ao ser engadida a un produto, o protexe desas radiacións e evita a súa degradación fotoquímica.
coeficiente de absorciónFÍSMagnitude característica dun medio para unha frecuencia ou enerxía da radiación que lle incide.
liña de absorciónFÍSRaia escura dun espectro de absorción.