Intercesión de Xesús Cristo ante Deus a favor dos homes.
Intercesión da Nai de Deus ante Xesús Cristo a favor dos homes.
sfDER
Medio pacífico de resolver os problemas internacionais que consiste no feito de que un terceiro interveña entre as partes litigantes, propoñendo unha solución.
Procedemento para resolver os conflitos, en especial cando son de carácter colectivo, mediante a intervención de organismos públicos ou de persoas que actúan entre as partes enfrontadas.
sfFILOSActividade propia dun axente, dun termo, dunha realidade ou dun principio intermediario, como por exemplo a do demiúrgo platónico ou a do termo medio no siloxismo aristotélico.
mediación financeiraECONActuación de operadores especializados nun mercado financeiro, para mediar na negociación entre demandantes e oferentes de activos financeiros.