< lat mechanĭca gr μηχανιk ή [τέχνη] ‘arte da construcción de máquinas’
Plural:mecánicas
sfFÍSRama da física que estuda o cambio de lugar, o desprazamento ou o movemento localizado, tanto dos corpos coma dos corpúsculos microfísicos.
sfModo en que algo funciona.
sfEstudo das máquinas e da súa construción e funcionamento.
mecánica analíticaFÍSParte da mecánica que deu un novo tratamento matemático aos problemas, producindo sistematicamente as ecuacións que rexen un sistema mecánico.
mecánica celesteASTRONCiencia do desprazamento dos astros que se apoia nos instrumentos ópticos, que reciben as ondas electromagnéticas emitidas polos astros.
mecánica clásica/newtoniana/racionalFÍSParte da mecánica que explica o movemento dos corpos de xeito matemático, aínda que non é válida para casos nos que a velocidade é próxima á da luz.
mecánica cuánticaFÍSParte da mecánica que explica a estrutura e o comportamento dos átomos e as moléculas.
mecánica cuántica-relativistaFÍSParte da mecánica cuántica que inclúe as teorías da relatividade.
mecánica de fluídosFÍSParte da mecánica que estuda o equilibrio e o movemento dos fluídos e a súa relación coas forzas que os producen ou que se lles opoñen.
mecánica dos medios continuosFÍSParte da mecánica que se ocupa dos sistemas que están constituídos por un número tan grande de partículas, que é practicamente imposible estudar o movemento de cada unha delas por separado.
mecánica estatísticaFÍSParte da mecánica que, aplicando métodos estatísticos, se ocupa de describir as propiedades macroscópicas dos sistemas físicos que están constituídos por un número moi grande de corpúsculos.
mecánica ondulatoriaFÍSTeoría que suxire que, ao igual que as ondas electromagnéticas presentan algunhas características corpusculares, as partículas poden ter propiedades ondulatorias, o que se coñece como dualidadeonda-corpúsculo.
mecánica relativistaFÍSParte da mecánica que se basea na teoría da relatividade, e que estuda os obxectos que se moven a velocidades elevadas, próximas ás da luz.