maternidade

< materno
Plural: maternidades
  1. s f Condición de nai.
  2. s f Feito de traer un neno ao mundo.
  3. s f DER Período de descanso do que goza o traballador con motivo das situacións de maternidade, adopción ou acollemento.
  4. s f ARTE Representación artística dunha nai co seu fillo. Habitualmente representa a Virxe co neno.

Citas

  • Está moi feliz coa súa maternidade
  • Realizouse persoalmente coa súa recente maternidade