máser

< ingl maser, acrónimo de Microwave Amplification by Stimulated Emission of Radiation
Nome científico: ingl: Microwave Amplification by Stimulated Emission of Radiation Plural: máseres
  1. s m FÍS/TECNOL Amplificador de microondas baseado na emisión estimulada de radiación que se emprega en astronomía na detección de sinais moi febles.
  2. ASTRON
    1. máser cósmico Máser natural que emite radiacións moleculares que proceden da capa que rodea as estrelas de idade avanzada ou do gas que rodea as estrelas en formación.
    2. máser interestelar Máser natural que se localiza nas nebulosas de materia interestelar asociado con estrelas moi novas ou que se atopan en proceso de formación.