smCRONTerceiro mes do ano. No antigo calendario romano era o primeiro dos meses, consagrado ao deus da guerra, Marte, de quen deriva o seu nome.
Refráns
Alá vaias, marzo marceiro, que aquí me quedo cos meus becerros; agora virá teu irmán abril, que non sei se nos deixará vivir.
Cando marzo recacha o rabo, sabe ben quentarse co tallo.
Cando marzo retorce o rabo, non deixa ovella nin pastor sano.
Cóbregas en marzo, neves en abril.
Dixo o pastor a marzo: Mal trataches o meu gando; alá irás onde non vDlvas máis. E marzo respondeulle: Con tres días que me quedan e tres que me empreste meu irmán abril poreiche as túas ovellas a parir.
En marzo florecen tódolos campos.
En marzo queima ben a vella o tallo.
En marzo, abrigo e pantrigo.
En marzo, espigarzo.
Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, que coa neve non quere viro
Espigas en marzo, catro; espigas en abril, mil.
Marzo amola e abril esfola.
Marzo é a porta e abril trae a chave, se está posta.
Marzo é enganador: un día malo e outro peor.
Marzo gabo, cando non recacha o rabo.
Marzo louco e abril non pouco.
Marzo marceador: de noite chove e de día vai sol.
Marzo marceiro: pola mañán cara de can, e pola tarde falangueiro.
Marzo marzadas, vento, frío, sol e saraibadas.
Marzo marzado: cada ovella co seu año.
Marzo marzán: cara de rosas pola mañán e pola noite cara de can.
Marzo marzola: trebón e raiola.
Marzo marzolas: treboadas e raiolas.
Marzo marzoso: pola mañán cara de porco, polo serán cara de verán.
Marzo pardo, abril chuvioso e maio ventoso fan o ano fermoso.
Marzo pardo, pouc"o sol e malo.
Marzo ventoso e abril chuvioso sacan a maio florido e fermoso.
Marzo ventoso, abril chuvioso e maio pardo fan fermoso o ano.
Marzo, espigarzo.
Marzo, espigas catro; abril, espigas mil.
Nin marzo con flores nin moza sen amores.
O aire e o sol de marzo queiman as donas no pazo.
O sol de marzo queima a dona no pazo.
O sol de marzo queima as donas no seu pazo.
Polo san Pedro da Cuadre la sae a cóbrega de debaixo da pedra.
Se en marzo ou abril o cuco non vén, quere vir a fin.
Se marzo acabou e o cuco non chegou, algo ao cuco lle pasou.
Se marzo recacha o rabo, non queda ovella nin año.
Se marzo retorce o rabo, non queda ovella no monte nin no campo.