mártir

< lat martyre gr μάρτυς −υρος
Plural: mártires
  1. s
    1. Persoa que padece persecución ou morte pola súa fidelidade a unha causa.
    2. Persoa que padece un suplicio inmerecido.
  2. s Persoa á que lle tormenta algo.
  3. s RELIX Persoa que sufriu tormento ou morte a causa do testemuño de Xesús Cristo. Venerábanse coma os santos e todo o que se relacionaba con eles, o sepulcro, as reliquias e o aniversario do seu martirio, era obxecto de culto.