marista

< fr mariste
Plural: maristas
  1. s m EDUC/RELIX Membro do Instituto de Irmáns Maristas da Ensinanza, congregación fundada en 1817 polo sacerdote francés Marcelin Champagnat que ten como finalidade a educación cristiá da xuventude.
  2. s m RELIX Membro do instituto de votos simples nomeado Sociedade de María, fundada en 1824 polo sacerdote francés Jean-Claude Colin cunha finalidade basicamente misioneira.