maqueta

< fr maquette
Plural: maquetas
  1. s f Reprodución exacta feita en tamaño reducido dunha escultura, edificio ou construción.
  2. s f GRÁF Modelo dos distintos elementos que compoñen unha obra debuxada ou escrita, que dá unha idea aproximada de como vai quedar unha vez impresa.