manter

< lat manu tenēre
  1. v t Proporcionar alimento a unha persoa ou animal.
  2. v t Sufragar a alguén os medios necesarios para vivir.
  3. v t Facer que unha cousa permaneza nun estado determinado.
  4. v t Ter unha actitude ou facer unha acción con continuidade.
  5. v t Afirmar algo con consistencia e continuidade.
  6. v i Servir de alimento ao organismo.
  7. v pron Alimentarse ou proporcionarse o necesario para vivir.
  8. v pron Estar alguén na mesma situación ou estado anterior.

Sinónimos

Citas

  • A comida que comes ti non mantén nada e ademais engorda
  • A pesar do meu éxito teño que procurar manter os pés sobre a terra
  • Aínda que está moi bébedo segue manténdose de pé
  • Eu sigo mantendo a miña teoría sobre o seu comportamento
  • Mantén a chaqueta en alto mentres a cepillo
  • Mantén os porcos con penso e fariña
  • Manteño correspondencia co teu irmán
  • Miñas irmás mantéñense de froita e verduras
  • Teño que traballar para manter a miña familia
  • Xa hai tempo que me manteño eu só

Formas incorrectas

detentar
Verbo: manter
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

manteño

mantés

mantén

mantemos

mantedes/mantendes

manteñen

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

mantiña

mantiñas

mantiña

mantiñamos

mantiñades

mantiñan

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

mantiven

mantiveches

mantivo

mantivemos

mantivestes

mantiveron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

mantivera

mantiveras

mantivera

mantiveramos

mantiverades

mantiveran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

manterei

manterás

manterá

manteremos

manteredes

manterán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

mantería

manterías

mantería

manteriamos

manteriades

manterían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

manteña

manteñas

manteña

manteñamos

manteñades

manteñan

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

mantivese

mantiveses

mantivese

mantivesemos

mantivesedes

mantivesen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

mantiver

mantiveres

mantiver

mantivermos

mantiverdes

mantiveren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

mantén

-

-

mantede

ou

mantende

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

manter

manteres

manter

mantermos

manterdes

manteren

Xerundio

mantendo

Participio

mantido

mantida

mantidos

mantidas