manobra

< man + obra
Plural: manobras
  1. s f Conxunto de operacións que se destinan a cambiar o movemento dunha máquina ou dun medio de locomoción.
  2. s f Conxunto de accións que se fan para acadar un fin.
  3. s f Conxunto de movementos que se fan coa man para facer funcionar un instrumento ou un mecanismo.
  4. s f BÉL Movemento ou serie ordenada de movementos dun corpo de tropa ou dunha escuadra.

Confrontacións

Citas

  • Isto foi unha manobra para expulsar o presidente

Formas incorrectas

maniobra