Pequeno círculo de ouro, prata ou outros metais que se leva no dedo como adorno.
Aro pequeno que serve para soster algo.
smPeza de ferro cuadrangular, cun gonzo que serve para subir e baixar a punta do arado e facer que se afunda máis na terra.
smANATCada un dos segmentos que compoñen o corpo dos anélidos e o esqueleto externo dos artrópodos.
smARQUIT
Moldura que rodea os fustes das columnas.
Cornixa en que se apoia a cúpula.
smBOTAro que circunda o pé dalgunhas especies de fungos.
smENXElemento básico do recheo dunha columna. A función dos aneis é proporcionar un recheo coas características desexadas de superficie específica, perda de carga e mollabilidade
smMARArgola empregada no aparello do cerco para poder pechar o cope.
smMATEstrutura alxébrica formada por un conxunto e dúas operacións, a adición e a multiplicación, que presentan as seguintes propiedades: a) a adición é conmutativa; b) a multiplicación é asociativa; c) a multiplicación é distributiva respecto á adición.
smQUÍMCadea pechada de átomos que pode estar formada por un número ilimitado de átomos. OBS: Tamén se denomina ciclo.
smTÉXTCírculo de metal empregado para guiar o corredor nas máquinas continuas de fiar e de retorcer.
anel astronómicoASTRONTipo de astrolabio náutico simplificado.
anel centralARQUEOLElemento arquitectónico que aparece nalgunhas mámoas construído con pequenos bloques líticos que ocupan unha posición central no conxunto tumular.
anel conmutativoMATAnel en que a multiplicación é conmutativa.
anel de colisiónFÍSAcelerador de partículas en que se fan chocar moreas de partículas de sentidos contrarios.
anel esféricoMATSólido producido pola rotación dun segmento de círculo arredor dun diámetro deste círculo que non corta o segmento.
aneis de medraBOTAneis concéntricos, alternativamente claros e escuros, visibles nas seccións transversais dos troncos das árbores.