manípulo

< manipŭlu ‘unidade militar’
Plural: manípulos
  1. s m
    1. HIST Subdivisión da lexión romana que a constituían dúas das sesenta centurias que compoñían a lexión.
    2. Correa para suxeitar un escudo.
  2. s m RELIX Insignia ou ornamento litúrxico que portaban o subdiácono, o diácono e o celebrante no antebrazo esquerdo, durante a celebración da misa.