malvasía

Plural: malvasías
  1. s f ANIMAL/ORNIT Ave acuática, da familia dos anátidos, que presenta un corpo repoludo, a cabeza de gran tamaño e a cola tesa que adoitan manter vertical.
  2. malvasía caribranca ANIMAL/ORNIT Ave de cabeza grande branca cunha liña negra, corpo pardo e cola erguida. O peteiro é azul na época nupcial.
  3. malvasía carinegra ANIMAL/ORNIT Ave de corpo robusto acastañado, cabeza e pescozo negros, peteiro azul e groso e cola coas plumas duras e apuntadas.
  4. malvasía papuda ANIMAL/ORNIT Ave acuática de plumaxe parda, ás brancas e peteiro escuro.