malva

< lat malva
Plural: malvas
  1. PLANTA
    1. s f Planta do xénero Malva Lavatera.
    2. s f Planta herbácea, coa base leñosa, follas dentadas e pedunculadas, flores rosas ou púrpuras e froitos pilosos.
    3. s f Planta herbácea, de talo pubescente, follas pinnatipartidas, sépalos máis ou menos soldados e pétalos rosa pálido.
    4. s f Planta herbácea, co talo cuberto de pelos estrelados, follas cos lóbulos dentados e pétalos libres e rosados.
    5. malva arbórea [Lavatera arborea] Planta bianual de talos grosos, follas con lóbulos pregados en abano e flores lilas ou púrpuras cos nervios máis escuros.
    6. malva de olor malvela.
  2. adx Que ten unha cor semellante á da flor da malva, entre morado e rosa.
  3. s m Cor semellante á da flor da malva.

Refráns

  • A malva, collela e non regala; a herba, regala e non collela.
  • Nin de malva bo vencello nin de mozo bo consello.