andoriña

< lat dim *hirundina de hirundine ‘andoriña’
Plural: andoriñas
  1. s f ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos hirundínidos que pertencen aos xéneros Delichon, Hirundo, Ptyonoprogne e Riparia. Caracterízanse por ter ás estreitas, patas e peteiro curtos e cola gallada. Aliméntanse durante o voo de insectos e arácnidos. Son, na súa maioría, aves gregarias migratorias de orixe africana.
  2. andoriña común ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos hirundínidos, coa parte superior negra azulada metálica; a inferior é branca, agás un colar negro, e a testa e a gorxa son rubias. Ten as patas e o peteiro negros, e a cola longa e negra, con pequenas pintas brancas, e as rectrices externas son moi longas.

Variantes

Refráns

  • Andoriñas a rentes da auga, chuvia na praia.

Formas incorrectas

anduriña