maior

< lat maiŏre
Plural: maiores
  1. adx
    1. Que é máis grande.
    2. Que ten maior intensidade nunha determinada calidade.
  2. adx Que alcanzou unha certa idade en que se pode esixir responsabilidade.
  3. adx Que ten unha idade adulta.
    1. adx Que é superior ou o primeiro de certas comunidades ou corporacións.
    2. s m BÉL Tenente coronel ou comandante que tradicionalmente tiña a misión de administrar os recursos dunha unidade.
  4. adx MAR
    1. Aplícase ao pau máis grande dunha embarcación, cando este ten máis dun. Tm s.
    2. Aplícase á vela máis grande que se iza nese pau. Tm s.
  5. adx MÚS
    1. Aplícase ao intervalo formado por sons situados a distancia dun ton, dous tons, catro tons e un semitón diatónico, ou cinco tons e un semitón.
    2. Aplícase ao modo que emprega a escala diatónica de cinco tons e dous semitóns en que estes sons se sitúan entre o terceiro e o cuarto e entre o sétimo e o oitavo dos seus graos.
  6. s m pl
    1. Persoas de idade moi avanzada.
    2. Persoas que se consideran antepasados dunha persoa ou raza.
  7. s m Terceiro dedo da man entre o índice e o anular. OBS: Tamén se denomina popularmente pai de todos. Tm adx.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A casa de Mariana é maior cá túa
  • Debémoslle moito aos nosos maiores
  • É o maior dos catro irmáns
  • Foi o maior poeta do século
  • O seu sogro é o irmán maior da confraría
  • Traballa nun centro para maiores
  • Xa es maior para saber o que queres