luxo

< lat luxu
Plural: luxos
  1. s m Riqueza ou abundancia de cousas caras e prescindibles.
  2. s m Calidade do que é caro ou do que ten características moi especiais.
  3. s m p ext Cousa superflua, non necesaria ou que non está ao alcance de calquera.
  4. s m ECON Denominación dada polos economistas marxinalistas a aqueles bens que se adquiriron a partir de determinados niveis de renda.

Citas

  • Expuxo o proxecto con todo luxo de detalles
  • Mercar agora un coche novo é un luxo que non se poden permitir
  • O luxo das sociedades occidentais contrasta coa pobreza dos países do terceiro mundo
  • Ten un coche de luxo

Frases feitas

  • Imposto de luxo. Imposto que incide sobre os bens de luxo.
  • Permitirse, darse o luxo. Facer algo especial, un capricho ou algo dif