lúnula

< lat lunŭla
Plural: lúnulas
  1. s f Obxecto ou figura con forma de media lúa.
  2. s f ANAT Zona abrancazada e opaca de forma semicircular, que se atopa na base das unllas.
  3. MAT
    1. s f Figura formada por dous arcos de circunferencia que teñen os seu extremos comúns e a súa convexidade cara ao mesmo lado.
    2. lúnula de Hipócrates Lúnula na que un dos arcos é de 90?, mentres que o outro é de 180?. Ten a propiedade de que a súa área é igual á do triángulo isósceles inscrito no semicírculo do arco de 180?.

Palabras veciñas