ancoraxe

< áncora
Plural: ancoraxes
  1. s f Acción e efecto de ancorar.
  2. s f MAR Lugar axeitado para ancorar as embarcacións.
  3. s f MAR Imposición municipal que, desde o s XIV, tiñan que pagar os navíos por recibir a autorización para fondear nos portos e noutros lugares habilitados da costa.

Citas

  • A ancoraxe estaba completamente ateigada de veleiros e iates
  • Se a ancoraxe quedou ben feita, non debemos preocuparnos polo temporal
  • Vimos como ancoraban o barco no peirao de Bouzas

Palabras veciñas