áncora

< lat ancŏra gr ἅ γκορα
Plural: áncoras
  1. s f MAR Aparello de ferro ou de aceiro que se crava no fondo do mar para asegurar unha embarcación.
  2. s f AERON Aparato de ferro que se aferra a algún accidente do terreo e retén o aeróstato.
  3. s f ARQUIT Peza de ferro que ata un tirante ou trabe co muro.
  4. s f ARTE Símbolo da esperanza, na iconografía paleocristiá.
  5. s f METROL Peza en forma de áncora de barco que forma parte do mecanismo de escape dos reloxos.
  6. abater a áncora Colocar a áncora máis lonxe do que estaba con relación ao vento, corrente ou marea.
  7. botar áncoras Embarrar a embarcación.
  8. deitar a áncora Lanzar a áncora ao mar.
  9. estar á áncora. Estar fondeada unha embarcación.
  10. levar/levantar/subir áncoras Recoller as áncoras para facerse ao mar.