lóxico -ca

< lat log ǐ cu gr λογικός
Plural: lóxicos Masculino: lóxico Masculino plural: lóxicos Feminino: lóxica Feminino plural: lóxicas
  1. adx Relativo ou pertencente á lóxica.
  2. adx Que é conforme á razón ou ao entendemento.
  3. adx Que é conforme ao esperable ou ao desenvolvemento natural das cousas.
  4. adx FÍS Aplícase ao dispositivo ou circuíto baseado nos principios da lóxica electrónica.
  5. s Persoa que se dedica ao estudo da lóxica.