loita

< lat lucta
Plural: loitas
    1. s f Enfrontamento violento entre dous ou máis individuos para impor cada un a súa forza física sobre os demais.
    2. loita biolóxica ECOL Control de poboacións de organismos prexudiciais que se basea na potenciación dos inimigos naturais da especie ou na interferencia do seu ciclo biolóxico.
    3. loita integrada ECOL Control de pragas e enfermidades mediante a combinación da loita biolóxica e da loita química.
    4. loita libre DEP Lide en que, utilizando diferentes tipos de golpes e chaves e respectando unhas regras fixadas, vence quen obriga ao adversario a renderse.
    5. loita pola existencia BIOL Proceso de selección natural que comporta unha contenda entre os individuos dunha especie co fin de conseguir alimento, parella ou vivenda, de maneira que conduce á supervivencia dos máis aptos.
    6. loita preventiva BIOL Sistema de combate contra pragas e enfermidades das plantas. Fai uso das medidas de control antes da aparición dos parasitos ou de que estes acaden proporcións difíciles de combinar.
    7. loita química QUÍM Sistema de control das pragas e enfermidades contaxiosas das plantas coa concorrencia exclusiva de praguicidas químicos.
    1. s f Enfrontamento entre forzas ou tendencias contrarias por conseguir algo.
    2. loita de clases SOCIOL Enfrontamento entre as diferentes clases sociais por acadar o poder político e a supremacía económica, segundo o materialismo histórico de K. Marx.
  1. s f fig Esforzo grande e extremo por obter algunha cousa.

Sinónimos

Palabras veciñas