smPlanta herbácea do xénero Iris, que presentan un rizoma moi desenvolvido, follas alongadas, flores co perianto con seis divisións e de froitos capsulares.
lirio azul [Iris latifolia]Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, que presentan un bulbo ovoide, talo oco e folioso, follas lineares e flores pedunculadas de cor azul-violáceo.
lirio cardeno [Iris germanica]Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, con bulbo engrosado, talo erecto, follas opostas, grosas e que nacen da parte inferior, flores azul-violáceas, aromáticas e pedunculadas que están situadas no extremo do talo e o froito oval, dehiscente e de tipo capsular.
lirio dos charcos [Iris pseudacorus]Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, que presentan un rizoma reptante e longo, follas basais glaucas, flores pediceladas e froito capsular. É velenoso para o gando, pero en medicina o rizoma pode utilizarse como purgante.
lirio fétido [Iris foetidissima]Planta herbácea perenne, da familia das iridáceas, con talo comprimido e follas basais que emiten un olor fedorento, flores pedunculadas de cor azul-grisáceas ou amarelas e froito capsular, oblongo e con sementes vermellas. É velenoso para o gando.
PLANTA
smPlanta semellante ao lirio.
lirio branco/de santo Antón [Lilium candidum]Planta herbácea, bulbosa, perenne, da familia das liliáceas, de follas lanceoladas e de flores grosas, brancas e olorosas.
lirio bravo [Lilium martagon]Planta herbácea, da familia das liliáceas, de follas lanceoladas en verticilos e flores con tépalos violáceos ou vermellos.
lirio de auga [Zantedischia aethiopica]Planta herbácea perenne, da familia das aráceas, de follas saxitadas e pecioladas, e flores en espádice amarelo, rodeado dunha espata branca.
lirio de maio [Convallaria majalis]Planta herbácea, da familia das liliáceas, de rizoma reptante, con dúas follas radicais, oblongas agudas e dun verde brillante, e con flores brancas, campanuladas, colgantes, fragantes e dispostas en acios.
lirio de marceboladasgaivotas.
lirio de neve [Galanthus nivalis]Planta herbácea bulbosa, da familia das amarilidáceas, de follas lineais e cunha soa flor branca, colgante, acompañada dunha bráctea espatácea.
lirio de san Bruno [Anthericum liliago]Planta herbácea perenne, da familia das liliáceas, de raíz fibrosa, follas basais e flores estreladas brancas.
lirio de san Xoán [Hemerocallis fulva]Planta herbácea perenne, da familia das liliáceas, de raíz fibrosa, follas lineais e flores grosas, laranxas, en acio laxo.
lirio de trigo [Gladiolus italicus]Planta herbácea bulbosa, da familia das iridáceas, de follas alongadas e flores de cor vermella purpúrea, dispostas en espiga unilateral.
lirio martagón [Lilium martagon]Planta herbácea perenne, da familia das liliáceas, con bulbo escamoso, talo folioso, follas con peciolo curto, glabras e oblongo-lanceoladas e flores pedunculadas e bracteadas.
lirio de marANIMALEquinodermo crinoideo, que ten un corpo caliciforme, denominado disco, e cinco brazos multiarticulados con pínulas laterais. Posúen un pedúnculo que, partindo do disco, os fixa ao substrato.