sfMATConxunto de puntos do plano ou do espazo que son a imaxe, para unha aplicación continua, do conxunto dos números reais.
sfTrazo que representa unha liña.
sfMATTrazo dun grosor moi pequeno en relación coa súa lonxitude.
liña batimétricaBIOLCurvas de nivel que se corresponden a cotas expresadas en valores negativos, contados a partir da superficie do mar.
liña cotidalXEOLLiña imaxinaria que une os puntos dunha costa en preamar ou en baixamar que teñen lugar á mesma hora.
liña de acciónTECNOLLugar xeométrico dos puntos de contacto de dous perfís conxuntados dos dentes dunha engrenaxe durante o movemento.
liña de campoFÍSLiña dun campo vectorial na que os vectores que corresponden aos seus puntos son tanxentes a ela.
liña de correnteFÍSLiña que, no seo dun fluído en movemento, nun instante determinado, é tanxente, en cada punto, ao vector velocidade do fluído neste punto.
liña de costaLiña de contacto entre a costa e o mar, que pode presentar diversas formas segundo o tipo de costa.
liña de crestasXEOGLiña que une os puntos máis elevados situados entre dous vales.
liña de fallaXEOLLiña de intersección do plano de falla coa superficie topográfica.
liña de forzaFÍSLiña de campo cando se trata dun campo de forzas.
liña de fugaMATEn perspectiva, conxunto de puntos de fuga dos restos contidos nun plano dado.
liña de horizonteMAT Intersección do plano do horizonte co cadro, en xeometría descriptiva.
liña de nivelXEOGcurvadenivel.
liña de terraMATIntersección do plano de terra co cadro, en perspectiva.
liña equinoccialXEOGecuador.
liña mixtaMATLiña formada por segmentos rectos e curvos que se suceden alternativamente.
liña neutraFÍSLiña dunha máquina eléctrica determinada pola posición das pezas condutoras que establecen o contacto eléctrico.
liña trigonométricaMATSegmento co que se representa xeometricamente, baseándose nunha circunferencia de raio 1, as funcións trigonométricas.
sf
Aspecto externo dunha cousa que se deduce do seu contorno.
Esveltez dun corpo.
sfSerie de caracteres nun escrito.
sf
Conduta ou comportamento dunha persoa.
Tendencia ou orientación de algo.
sfPESCAArte de pesca que consta dun fío ou tanza, xeralmente de nailon ou cánabo, cunha chumbada e un ou varios anzois empalmados no extremo.
sfCamiño marítimo, aéreo ou terrestre entre dous puntos para efectos de transporte ou comunicación.
sfCOMUNServizo regular de vehículos que recorren un camiño.
liña aéreaAERONCompañía autorizada para facer operacións regulares de transporte de persoas, mercadorías e correo por medio de aeronaves.
liña artificialCOMUNRede formada por elementos pasivos, que simula as características eléctricas dunha liña de transmisión.
liña de atrasoFÍSLiña de transmisión, real ou artificial, destinada especialmente a introducir un certo atraso nun sinal eléctrico calquera.
liña de contactoTRANSPLiña de transporte da corrente eléctrica para a alimentación das locomotoras eléctricas.
liña de transmisiónCOMUNEstrutura capaz de confinar e propagar enerxía electromagnética na dirección do seu eixe lonxitudinal, ou ben o conxunto de dous ou máis condutores que admiten propagación de ondas transversais electromagnéticas.
liña de transmisiónINFORMConxunto de circuítos interconectados que permiten que os datos se transmitan entre dous terminais calquera nun momento dado. Pode operar por medio dunha conexiónpuntoapunto ou multipunto, entre diversas estaciónsterminais ao longo do seu percorrido.
liña eléctricaFÍSCondutor ou conxunto de condutores, xeralmente de cobre ou aluminio, que se empregan para o transporte e a distribución da enerxía eléctrica.
sfSerie de cousas ou persoas dispostas dunha maneira continua nunha dirección determinada.
sfBÉLSerie de persoas, situadas unha a carón da outra, principalmente a efectos militares.
liña de batallaBÉLDisposición das tropas apta para as operacións de combate.
liña de fogoBÉLSerie de fortificacións e unidades de poboación expostas á acción ofensiva do inimigo.
sfXENConxunto de individuos que proceden dun proceso de autofecundacións sucesivas a partir dun só proxenitor homocigótico.
sfMETROLUnidade de lonxitude igual á doceava parte dunha polgada.
sfCOMUNTrazos en que se descompón a imaxe mediante a exploración. O conxunto de liñas constitúe a trama. Segundo a norma europea, a imaxe ten 625 liñas.
ARQUIT
sfLiña recta que pasa polos arranques dun arco ou dunha bóveda.
liña de impostaIntersección entre o intradorso dun arco ou bóveda e o paramento do muro sobre o que se apoian cada un dos seus puntos de arranque.
liña lateralZOOL/ICTÓrgano sensorial do equilibrio propio dos peixes e dos estados larvais dalgúns anfibios, que consiste nun sistema de canais mucosos superficiais distribuído polo tronco e a cola, seguindo a liña media lateral, e pola cabeza en diversas liñas ramificadas.
liña MackieIND/ARTELiña de luz ao redor das áreas escuras dunha imaxe, que se produce por solucións deterioradas, por insuficiente axitación ou por solarización.
liñas de baseMARLiña da baixamar ao longo da costa. Recoñecese nas cartas de navegación oficiais como a costa dun estado.