límite

< lat limĭte
Plural: límites
  1. s m
    1. Parte extrema, punta, onde remata un territorio, unha extensión ou un período de tempo.
    2. Liña, momento ou lugar que sinala a separación entre dúas cousas.
  2. s m Punto no que ten o inicio ou o final un período.
  3. s m Punto do que non se debe ou non se pode pasar.
  4. s m FÍS Limiar máximo dunha magnitude física.
  5. MAT
    1. límite dunha función nun punto alor ao que tende a variable dependente da función cando a variable independente tende ao valor do punto en cuestión.
    2. límite dunha sucesión alor ao que se achega unha sucesión.
  6. límite epidemiolóxico MED Incidencia a partir da que se pode considerar que un proceso epidémico está en curso.

Confrontacións

Citas

  • A súa paciencia xa chegou ao límite, Está no límite de idade
  • O prazo límite para as solicitudes remata o próximo luns