lexítima

< lexítimo
Plural: lexítimas
  1. s f DER Limitación á liberdade de testar que a lei impón no testador, que consiste no deber de atribuír aos seus parentes da liña directa descendente ou ascendente un valor patrimonial a cargo da herdanza.
  2. lexítima estrita DER Parte da lexítima que ten que dividirse con absoluta igualdade entre os herdeiros forzosos.
  3. lexítima longa DER Herdanza composta pola lexítima e pola mellora.
  4. suplemento de lexítima DER Aquilo que hai que engadir á cantidade deixada polo testador a un herdeiro forzoso para que sexa igual á lexítima que lle corresponde.