anamorfose

< gr ἀ ναμόρ ϕ ωσις‘transformación’
Plural: anamorfoses
  1. s f Debuxo deformado dun obxecto que, visto desde un certo punto de vista ou por reflexión nun espello curvo, aparece regular, sen ningunha deformación.
  2. s f BOT Deformación teratolóxica que chega a facer practicamente irrecoñecible un vexetal.
  3. s f IMAX Compresión dunha imaxe por medios mecánicos, gráficos ou ópticos.
  4. s f PINT/LIT Procedemento que designa a representación dun referente cunha perspectiva deformada.
  5. s f ZOOL Segmentación incompleta que presentan as larvas dalgúns mandibulados no momento do nacemento.