lesión

< lat laesĭōne
Plural: lesións
  1. s f PAT Alteración dos caracteres anatómicos e histolóxicos dun órgano debida á influencia dunha causa morbosa.
  2. s f DER Prexuízo que experimenta unha das partes cando hai unha desigualdade nos seus obxectos ou prestacións.
  3. s f DER Delito ou falta cometido por danos corporais producidos sen a intención de matar.
  4. s f BOT Alteración patolóxica dun tecido ou dun órgano vexetal.