absceso

< lat abscessu ‘afastamento, tumor’ lat abscendere ‘separarse’
Plural: abscesos
  1. s m BOT Acumulación dunha secreción anómala nos troncos ou nas pólas das árbores.
  2. PAT
    1. s m Acumulación delimitada de pus nun tecido orgánico por mor dunha infección bacteriana.
    2. absceso de fixación Absceso provocado mediante a inxección subcutánea dunha substancia irritante.