sfExame das partes constituíntes dun todo, separadamente ou en relación a aquel.
sfEstudo esmerado e coidadoso dun escrito, discurso, teoría ou calquera outro complexo discursivo.
sfIMAXDescomposición dunha imaxe nunha serie de puntos mediante un analizador.
sfFILOSProceso de investigación que consiste tanto na redución dun composto nas súas partes simples, como na regresión, realizada mediante procesos de razoamento, dirixida aos fundamentos dunha proposición que se intenta probar ou na procura de estruturas subxacentes ao obxecto de estudo que se propón.
análise adimensionalFÍSExpresión de termos nunha ecuación de movemento que se realiza por medio de enerxías de cantidades non dimensionais.
análise biolóxicaXEOL/BIOLDeterminación dos seres vivos contidos no solo que permite estimar a fertilidade do solo estudado.
análise bromatolóxicaALIMAnálise da composición, das propiedades, do valor alimenticio, da conservación e do estado químico e sanitario dos produtos naturais ou artificiais destinados á alimentación humana ou animal.
análise clínicaMEDAnálise de sangue, de ouriños ou doutros líquidos e produtos da secreción corporal.
análise combinatoriaMATEido das matemáticas destinado á resolución de problemas que consisten en escoller e colocar os elementos dos conxuntos, habitualmente finitos, de acordo cunhas certas leis ben establecidas. OBS: Tamén se denomina de teoríacombinatoria.
análise cualitativaQUÍMAnálise non baseada en medidas precisas e supostos cuantitativos.
análise cuantitativaQUÍMAnálise baseada en medidas precisas.
análise de agregadosARQUEOLProceso de análise que se realiza sobre un conxunto homoxéneo de materiais e restos arqueolóxicos.
análise de custosECONConxunto de métodos que se empregan en economía da empresa para establecer os diferentes custos xerados nun proceso económico produtivo. OBS: Tamén se denomina análisecusto-beneficio.
análise de impacto ambientalECOL/ARQUEOLConxunto de estudos orientados a determinar a degradación ambiental que pode xerar un proxecto de obra pública de envergadura.
análise de mercadoECONRecollida e valoración de datos relativos aos atributos pasados, presentes e futuros dos consumidores potenciais dun produto ou servizo.
análise demográficaDEMOGMétodo de observación crítica do proceso demográfico dunha poboación concreta que se establece pola información estatística.
análise de ouriñosMEDProbas físico-químicas e microscópicas que se realizan para detectar ou prever determinadas patoloxías e para a confirmación de embarazos.
análise de regresiónMATTécnica que reflicte o que varía unha variable dependente como promedio por cada unidade da independente, mantendo constante a incidencia do resto.
análise didácticaPSICPsicanálise á que se somete aquel quen quere dedicarse á profesión de psicanalista.
análise dimensionalFÍSTécnica lóxica que se emprega no estudo de fenómenos físicos, baseada en que cada variable física pode expresarse como o produto das magnitudes escollidas como fundamentais.
análise do tempoMETEOREstudo dos datos dun mapa do tempo co fin de localizar as masas de aire e as frontes que as separan mediante o trazado de isóbaras.
análise económico-financeiraECONEstudo sistemático dos datos e as informacións dunha empresa, un sector ou un organismo, co fin de formularlle a diagnose da situación e das perspectivas.
análise espectralASTRON/FÍSEstudo da composición química e das condicións físicas das estrelas e doutros corpos celestes mediante a análise do espectro da radiación que emiten.
análise factorialPSICTécnica matemática, empregada na investigación experimental psicolóxica e pedagóxica, que se basea na teoría das correlacións e que trata de manifestar o grao de variabilidade común que existe nun certo campo de fenómenos.
análise funcionalMATEstudo de espazos vectoriais topolóxicos, onde os seus elementos son funcións.
análise gramaticalLINGAnálise baseada na identificación dos membros dunha frase e da función sintáctica que exercen, e a asignación de cada palabra a unha clase determinada.
análise harmónicaMATRepresentación de funcións mediante sumas e desenvolvementos en serie dalgunhas funcións elementais que permite obter expresións sinxelas aproximadas das funcións e deducir propiedades xerais a partir das propiedades particulares daquelas funcións elementais.
análise isentrópicaMETEORExame e discusión dos datos dunha carta isentrópica co fin de elaborar unha previsión meteorolóxica.
análise matemáticaMATParte das matemáticas construída sobre os conceptos básicos de función, límite, continuidade, derivada e integral.
análise multivarianteMATEstudo de variables aleatorias que son multidimensionais. Distínguese entre análise multivariante da dependencia, en que hai unha ou varias variables dependentes, e análise multivariante da interdependencia, en que todas as variables son interdependentes.
análise químicaQUÍMParte da química que inclúe as técnicas e os métodos necesarios para obter o coñecemento da composición, identidade, pureza e constitución da materia, en función da clase (análisecualitativa), a cantidade (análisecuantitativa) e a maneira de agruparse os átomos e moléculas.
análise sensorialALIMaloración organoléptica.
análise vectorialMATExtensión ás magnitudes vectoriais das operacións da análise, mediante a definición de operadores vectoriais diferenciais e integrais.
Citas
Fixeron unha análise de mercado da súa empresa
O tribunal fixo a análise do seu exame e acordou darlle a máxima puntuación