lemba

Plural: lembas
  1. adx Relativo ou pertencente aos lembas.
  2. s ETN/HIST Individuo do pobo lemba.
  3. s m pl ETN/HIST Pobo africano que habita en Sudáfrica, especialmente no N do Transvaal, e nas áreas fronteirizas de Moçambique e Zimbabwe. Considéranse descendentes dos xudeus e conservan algunhas das súas prácticas.