lema

< lat lemma gr λημμα
Plural: lemas
  1. s m Principio ou máxima polo que se rexe unha persoa.
  2. s m LIT Argumento ou te ma dunha composición que se pon diante desta como título ou introdución.
  3. s m Palabra ou palabras que se escribe nas plicas pechadas de oposicións, de certames e concursos para coñecer, despois da decisión do tribunal ou do xurado, a quen pertence cada traballo ou ben cál é o nome dos autores premiados.
  4. s m LING Entrada dun dicionario que proporciona diversa información e adoita representar distintas formas flexionadas.
  5. s m MAT Proposición preliminar que precede a un teorema e que se utiliza na demostración deste.
  6. s m FILOS Proposición preliminar que se introduce nun argumento que se acompaña da súa propia proba.