leituga

< lat lactūca
Plural: leitugas
  1. s f PLANTA Planta herbácea anual, da familia das asteráceas, que presenta follas basais grosas, co bordo rizado ou enteiro e as flores amarelas e dispostas en capítulos. Rica en ferro, e vitaminas B 1 , B 6 , C e provitamina A, é comestible, e o seu cultivo está moi estendido xa que hai moitas variedades que se diferencian pola forma das follas ou pola cor.
  2. s f PLANTA 1 tarrelo.
  3. leituga brava PLANTA Planta herbácea anual ou bienal, da familia das asteráceas, de talo robusto, con follas ovais ou pinnatisectas e capítulos de cor amarela pálida reunidos nunha gran panícula.
  4. leituga de mar PROTISTA lavacán.
  5. leituga dos porcos PLANTA Planta herbácea anual, da familia das asteráceas, de follas pinnatifendidas ou dentadas e invólucro piloso.
  6. leituga silvestre PLANTA Planta herbácea  anual ou bienal, da familia das asteráceas, que presenta as follas pinnatifendidas ou dentadas e a inflorescencia en panícula, con flores de cor amarela pálida.

Palabras veciñas